Saltar ao contido

Fernán Gutiérrez de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernán Gutiérrez de Castro
Biografía
Nacementoc. 1180 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Península Ibérica Editar o valor en Wikidata
Morte1223 ↔ 1240 Editar o valor en Wikidata
España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenente, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMilia Iñiguez de Mendoza Editar o valor en Wikidata
FillosElvira Fernández de Castro, Ines Fernandes de Castro, Estevo Fernandes de Castro Editar o valor en Wikidata
PaisGuterre Roiz de Castro Editar o valor en Wikidata  e Elvira Osórez, Señora de Lemos y de Sárria Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Gutiérrez_de_Castro_y_Osorio-1
Escudo da Casa de Castro

Fernán Gutiérrez de Castro, nado cara a 1180 e finado cara a 1240, foi un nobre galego e pertegueiro maior de Santiago.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo primoxénito de Gutierre Rodríguez de Castro e Elvira Osórez. O conde Pedro de Barcelos describiuno como «mui boo cavaleiro d’armas come ou pai e houve mui boo corpo», isto é, «moi bo cabaleiro de armas como o pai e que tiña moi bo corpo». En 1197 aparece como tenente de Toro, Zamora e Villafáfila, na zona fronteiriza, e unha década despois á fronte de Lemos, que alternaría con Toroño, Castrotorafe, Ribadavia, Oviedo e Búval. En 1212, ademais, tomaba parte na célebre batalla das Navas de Tolosa.

En agosto de 1221 desempeñaba o cargo de «signifero domini regis»; en setembro do mesmo ano documéntase como tenente de Estremadura e a comezos de outubro figura á fronte de «Monterrosum et Lemos», vilas cuxa tenencia mantivo até novembro de 1224. A súa notable influencia na nobreza galega valeulle o nomeamento de pertegueiro maior da Terra de Santiago, substituíndo, ao parecer, a Nuño Núñez de Lara. A confirmación dunha doazón de Afonso IX á igrexa de Santiago, en decembro de 1223, así o testemuña por primeira vez. Polo demais, a mediados de 1226 participou no penúltimo ataque a Cáceres, baixo control dos musulmáns.

Pouco despois da morte do monarca afonsino, Fernán Gutiérrez converteuse nun dos magnates máis asociados con Fernando III de Castela, a quen acompañou nos catro primeiros meses de 1232 durante o seu traxecto por terras de Galicia. Tras tomar parte da campaña de Córdoba (1236), a súa última aparición na Corte data de xullo de 1240, data arredor da cal debeu falecer.

Casamento e descendencia

[editar | editar a fonte]

Fernán Gutiérrez de Castro[2] contraeu matrimonio con Emilia Íñiguez de Mendoza, filla do señor de Llodio Íñigo López de Mendoza. Con ela tivo cinco fillos lexítimos:

  1. Andrés Fernández.
  2. Estevo Fernández, que o sucedeu na Casa tras a morte do seu irmán primoxénito e foi señor de Lemos e Sarria, pertegueiro maior de Santiago, adiantado maior e meiriño maior de Galicia.
  3. Gutierre Fernández, que morreu sen sucesión.
  4. Sancha, quen faleceu solteira.
  5. Inés, casada con Martín Gil de Soverosa «o Bo», rico-home de Portugal.

A esta descendencia hai que sumarlle tres fillas ilexítimas:

  1. Urraca, quen contraeu matrimonio con Juan García de Celada, mordomo de Afonso X e desde 1260 adiantado maior da Mar.
  2. Teresa, que casou con Pedro Guzmán.
  3. Elo, dama de honra de Lionor de Inglaterra e logo da infanta Branca, raíña de Francia.
  1. "Fernán Gutiérrez de Castro. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2019-01-27. 
  2. "Fernán Gutiérrez de Castro, Señor de Lemos y Sarria". geni_family_tree. Consultado o 2019-01-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]